Seminário | Apresentação de livro

Repensar a Democracia 

Luis Villares Naveira

Teresa Cunha

Xoán Hermida González

6 de dezembro de 2017, 17h30

Sala 1, CES | Alta

Resumo

Transitamos cara a unha nova democracia ou, se se quere, unha nova conceptualización da democracia. Facémolo desde o ámbito local, no que o 15M sinalou claramente que camiñabamos sobre un modelo político esgotado hai tempo. E tamén no global, xa que o contrato social da modernidade, como ben observou o profesor Sousa Santos, xa hai tempo que vén deixando fóra a un importante continxente social cada día máis amplo.

Falamos de democracia desde a perspectiva losó ca que nos achega o profesor Fernández Naveiro, que nos introduce aos con-ceptos de isonomía (o imperio da lei entre iguais) e da representatividade (en palabras do propio Naveiro, «o corpo mecánico da democracia»), pero falar de democracia tamén é facer referencia ao ben común (seguindo a Hegel, «o verdadeiro é o Todo»), e á soberanía como expresión da participación da cidadanía. E no contexto, non poderiamos deixar de abordar a crise do modelo liberal e a construción de novas interpretacións desde a posmodernidade.

Repensar a democracia signica recorrer inevitablemente ao pensamento de Boaventura de Sousa Santos. Tanto é así que os diferentes autores e autoras do presente libro referencian en maior ou menor medida a súa obra. 

Com as intervenções de Xóan Hermida, Teresa Cunha e Luis Villares Naveira

 

Notas biográficas

Xoán Hermida González (Pontevedra, 1965), director do Foro OBenComún, é licenciado en Historia Contemporánea pola USC, Master en «fi-losofia, cuestións actuais» e doutor en Ciencias Políticas e Xestión Pública pola USC. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Parlamen- tar Mixto entre 1997 e 1999. Activista altermundista, foi director da ong Amarante desde outubro de 1999 a outubro de 2007. Actualmente com- paxina a súa militancia en Espazo Ecosocialista e Marea Pontevedra, da que é o seu coordinador. 

Teresa Cunha nasceu em Angola e com a guerra. É desse lugar que olha, pensa e diz o mundo. Assume que é uma feminista pacifista para quem a crítica e o combate ao contrato social sexista, os direitos dos povos e da natureza estão no centro do seu trabalho e das suas reflexões. É activista, investigadora, professora, mãe e gosta de fazer política do modo como a compreende. Para ela as Epistemologias do Sul fazem todo o sentido: é do sul e é a partir desse Sul não imperial que procura compreender a vida, o mundo e as lições que podemos receber deles. 

Luis Villares Naveira (Lugo, 1978), actual portavoz nacional de En Marea e maxistrado en excedencia, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializado na rama de Dereito do Con- sumo. É xuíz de carreira dende 2005, exerceu na Fonsagrada (2007-2010) na Audiencia Nacional (2010-2011), no País Vasco (2011-2012), en Lugo e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega. O 6 de agosto do 2016 presentou a súa candidatura ás primarias de En Marea, saíndo elixido candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Logo dos comicios – nos que Villares enca- bezou as listas pola provincia de Lugo –, EnMarea foi a segunda lista máis votada, acadando un total de 14 deputados.